Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow OpenVZ fai dispoñible a súa ferramenta de virtualización para Ubuntu
OpenVZ fai dispoñible a súa ferramenta de virtualización para Ubuntu PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 10 de Xaneiro do 2008
O proxecto OpenVZ lanzou o software de virtualización para Ubuntu, que ofrece aos usuarios a posibilidade de traballar con Ubuntu 7.10. O modelo do software pode descargarse no web de OpenVZ: http://openvz.org/download/template/cache.

Os usuarios simplemente teñen que descargarse un ficheiro e entón xa poden usar a aplicación  OpenVZ para crear un servidor virtual utilizando Ubuntu 7.10 nun minuto aproximadamente.

 

O proxecto OpenVZ distribúese de xeito gratuíto e ofrece soporte aos seus usuarios, promovendo a virtualización do sistema operativo a través dun esforzo de colaboración en comunidade. Apoiado por SWsoft, o proxecto OpenVZ serve ás necesidades dos desenvolvedores da comunidade, probadores, expertos en documentación e outros entusiastas da tecnoloxía que queiran participar e acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico. OpenVZ é un software open source que se usa como sobre o que se basea o produto de software de virtualización Virtuozzo de SWsoft.

Desde que empezou a produción a gran escala a finais do 2005, o proxecto OpenVZ tivo moito éxito entre a comunidade de usuarios. O web de OpenVZ atrae máis visitantesn a medida en que cada vez máis empresas e particulares investigan e contribúen ao proxecto de virtualización de sistema operativo open source.

Fonte: Cibersur.com  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement