Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow OpenOffice.org adscríbese ao Consorcio Unicode
OpenOffice.org adscríbese ao Consorcio Unicode PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Abril do 2008
O OpenOffice.org vén de adscribirse ao Consorcio Unicode. Con esta afiliación OpenOffice.org non só se compromete a traballar sobre un código estándar senón a contribuir á súa difusión.

O Consorcio Unicode é unha organización non lucrativa fundada para o desenvolvemento, a ampliación e a promoción do emprego do Estándar Unicode, o cal establece a representación de texto en aplicacións e estándares de software actualizados.
 

Os socios do Consorcio representan un amplio espectro de corporacións e organizacións na industria da informática e da computación. Esta entidade está respaldada economicamente e de xeito exclusivo polas aportacións dos seus socios. A afiliación ao Consorcio Unicode está aberto a organizacións e individuos de todo o mundo.
 
O Consorcio Unicode é o responsable da especificación e expansión do conxunto de carácteres ISO/IEC 10646 (estándar internacional). Este é o conxunto dos diversos carácteres (letras, números, símbolos, ideogramas, logogramas, etc.) procedentes de moitas linguaxes, scripts, etc así como das diversas tradicións de puntuación existentes en todos os idiomas do mundo. A inclusión de novos carácteres a este estándar é constante facendo que o conxunto este permanentemente actualizado. 
 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement