Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow OpenMoko contará con WI-FI para decembro
OpenMoko contará con WI-FI para decembro PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 09 de Outubro do 2007
OpenMoko é un móbil deseñado para soportar o primeiro sistema operativo libre para móbiles. OpenMoko é un desenvolvemento para ter unha pila software para teléfonos móbiles (open mobile phone software stack) e Neo1973 é un exemplo de dispositivo soportado. En Neo1973 pódese instalar e desinstalar programas cun sistema gráfico que funciona ao estilo Synaptic, e teoricamente executar calquera programa que funcione en GNU/Linux utilizando as librerías GTK+.

Este móbil pode empregarse con calquera operador GSM e está fabricado pola empresa FIC que apoia o proxecto. Actualmente estase a traballar no deseño do proxecto para determinar o chipset óptimo para contar con soporte WI-FI.

As novas características de hardware que incorporará son:

  • 802.11 b/g WiFi
  • Samsung 2442 SoC
  • Media 3362 Acelerador gráfico
  • 256 MB Flash
  • Batería de 1700mAh
  • CPU máis rápida – S3C2442/400
  • LED alumeando nos botóns

Openmoko tamén soporta outro tipo de dispositivos sen ter que pecharse unicamente a Neo1973.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement