Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Openbravo mostra ás Pemes españolas as vantaxes de traballar con ERP en SwL
Openbravo mostra ás Pemes españolas as vantaxes de traballar con ERP en SwL PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 11 de Xullo do 2008

Openbravo, a empresa de desenvolvemento de solucións profesionais para a xestión integral de empresas (ERP) e de xestión de Punto de Venda (POS) en software libre e contorno web, anunciou o lanzamento de ERP Today, a súa primeira serie de eventos en territorio español dirixidos a clientes finais.

ERP Today brinda a calquera empresa interesada en implementar un sistema de xestión empresarial integrado (ERP) a oportunidade de coñecer a proposta de Openbravo ERP. O evento gratuíto permitirá coñecer todas as vantaxes de traballar con Openbravo ERP nun seminario dunha mañá de duración.

Os expertos en Openbravo ERP mostrarán con todo detalle as características do produto, levando a cabo unha demostración en vivo e presentando diversos testemuños de clientes co fin de brindar aos empresarios a oportunidade de descubrir a solución profesional ERP en software libre de Openbravo.

Este seminario está dirixido a executivos e persoal técnico de pequenas e medianas empresas que desexen coñecer mellor os beneficios de traballar con Openbravo ERP. O seminario celebrarase nas seguintes localidades e datas: Barcelona, mércores 30 de xullo; Madrid, xoves 18 de setembro; e Valencia, xoves 25 de setembro.
 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement