| Openbravo amplía a gama de produtos co lanzamento de Openbravo POS |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 11 de Febreiro do 2008 | |
|
Openbravo POS pódese configurar para traballar en calquera contorno de punto de venda, converténdose nunha solución de amplas funcionalidades. Openbravo POS e Openbravo ERP poden funcionar por separado ou conxuntamente en función das necesidades dos usuarios. O novo produto conta con páxina propia e a migración do nome desde Librepos foi completada, polo que agora hai un novo proxecto en sourceforge nomeado Openbravo POS e redireccións desde versións anteriores. A comunidade pode consultar a folla de ruta do novo proxecto e opinar nos foros de desenvolvedores para incorporar novas características. Fonte: blogue de Adrián Romero
Artigos relacionados |

























