| OpenBlueLab, un ERP web baseado en MDA |
|
|
|
|
A partires dun modelo UML en formato XMI os xeradores MDA (Model-driven architecture, Arquitectura Conducida polo Modelo) constrúen todos os ficheiros. MDA é unha metodoloxía de deseño software proposta polo OMG. A idea é que o modelado e definición do sistema se manteña, chegando a un elevado nivel de detalle, sen se decantar por unha linguaxe de programación específica nin por unha plataforma de uso concreta, coas vantaxes asociadas a tal independencia de plataforma e linguaxe. A tradución posterior desta definición MDA a unha plataforma e/ou linguaxe específica faise normalmente con ferramentas automáticas de tradución (xeradores).
Proceso de automatización empregando AndroMDA Este marco permite centrarse no deseño do sistema de información, xa que os formularios e a arquitectura do portal son xerados automaticamente. OpenBlueLab é unha solución alternativa, baixo licenza (GNU/GPL), aos principais ERP privativos e está dispoñible para descarga desde a páxina do proxecto e tamén en sourceforge. Artigos relacionados
|





















