| Open Street Map na Coruña |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 01 de Xullo do 2008 | |
|
O vindeiro fin de semana GPUL aloxará unha mapping party Open Street Map. Trátase dun proxecto que se dedica a recoller datos xeográficos de todo o mundo, para ofrecelos de forma libre para o seu uso. No wiki do evento irase pechando o programa nos vindeiros días. Todos aqueles que dispoñan de GPS e/ou cámara dixital de fotos e/ou coche, e lle apeteza pasear por Coruña o sábado, serán ben recibidos. Para apuntarse é preciso enviar un correo ao fío que hai aberto en gpul-list ou directamente a tsao _en_ gpul.org Fonte: GPUL Artigos relacionados |





















