| Open Geospatial Consortium acepta a linguaxe de Google para mapas |
|
|
|
|
Google anuncia que a súa linguaxe para mapas KML foi aceptada polo organismo internacional Open Geospatial Consortium, cambiando o seu nome a OpenGIS KML Encoding Standard or o OGC KML. O anuncio non sorprende a ninguén xa que é a linguaxe principal de Microsoft Live e Yahoo! Maps. Con todo, a súa adopción como estándar marca unha nova era de innovación neste campo.
O máis importante é que Google cede control da linguaxe ao organismo, e asegura a súa adopción en entidades públicas e gobernos. Cabe destacar que Google adquiriu Keyhole e practicamente nuns poucos anos fixo público o seu material que doutro xeito fose bastante caro para usar.
Fontes: Readwriteweb.com Artigos relacionados |





















