| O W3C publica o borrador do HTML 5, o futuro do contido web |
|
|
|
|
"Por suposto que o HTML é un estándar moi importante," comentou Tim Berners-Lee, autor da primeira versión do HTML e Director do W3C. "Estou encantado de ver que a comunidade de desenvolvedores, incluíndo os fabricantes de navegadores, está traballando en conxunto para crear o mellor camiño para a Web". Entre as novas características inclúense APIs para debuxar gráficos bidimensionais e formas de incluír e controlar contido de son e vídeo.
A especificación de HTML 5 axuda a mellorar a interoperabilidade e a reducir os custos de software ofrecendo regras precisas, non só sobre como manexar todos os documentos HTML correctos, senón tamén como recuperarse e actuar ante os erros.
Fonte: Nota de prensa da oficina do W3C
Artigos relacionados
|







O 








