| O rendemento Javascript será entre 20 e 40 veces máis veloz en Firefox |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Luns, 25 de Agosto do 2008 | |
|
O equipo de Ars Technica comentou os avances con dous dos máximos responsables de Mozilla Foundation, Mike Shaver e Brendan Eich, que afirmaron que "Firefox está preparado para levar o rendemento JavaScript ao seguinte nivel". A tecnoloxía utilizada, chamada "tracing", permite melloras de rendemento que permiten executar este tipo de código entre 20 e 40 veces máis rápido. ![]() Este sistema permite precompilar certas partes do código para telo preparado no caso de que sexa necesario, algo que acelera a execución xeral de aplicacións programadas na web con esta linguaxe tan estendida. A técnica de tracing está a ser integrada tamén en Tamarin, o futuro motor de execución Javascript que aínda está nas súas fases iniciais e que non chegará até Firefox 4. Apple xa está a lograr algo similar grazas ao seu motor SquirrelFish, que tamén será incluído no futuro Safari 4 pero cuxas primeiras impresións foron moi positivas. Parece que ambos os navegadores estarán un paso por diante dos demais (IE, Opera) á hora de traballar con aplicacións web que fagan uso masivo de Javascript. Fonte: Muycomputer.com Artigos relacionados
|


















