| O proxecto KDE libera a cuarta versión do seu escritorio |
|
|
|
|
As bibliotecas de KDE 4 foron obxecto de grandes melloras na maioría de áreas. O framework multimedia Phonon proporciona soporte multimedia independente da plataforma a todas as aplicacións KDE. O framework de integración de hardware Solid fai a interacción con dispositivos (extraíbles) máis fácil e proporciona ferramentas para unha mellor xestión da enerxía. O Escritorio KDE 4 obtivo algunhas novas funcionalidades principais. O xestor de escritorio Plasma ofrece un novo interface de escritorio, incluíndo panel, menú e compoñentes no escritorio, así como unha función de cadro de mandos. KWin, o xestor de fiestras de KDE, agora permite avanzados efectos gráficos para facilitar a interacción coas fiestras. Moitas das Aplicacións KDE foron melloradas. Melloras visuais mediante o uso de gráficos vectoriais, cambios nas bibliotecas de niveis inferiores, melloras no interface de usuario, nova funcionalidade, ata novas aplicacións. Okular, o novo visor de documentos e Dolphin, o novo xestor de arquivos son só dúas aplicacións que mostran a nova tecnoloxía de KDE 4.0. Efectos de escritorio en KDE 4
A Guía Visual de KDE 4.0 proporciona un breve resumo de varias das novas e melloradas tecnoloxías de KDE 4.0. Ilustrada con multitude de capturas de pantalla, lévache a través das distintas partes de KDE 4.0 e mostra algunhas das fascinantes novas tecnoloxías e melloras para o usuario. Comezas coas novas características do escritorio, sendo presentadas despois aplicacións como System Settings, o visor de documentos Okular e o xestor de arquivos Dolphin. Tamén se mostran aplicacións educativas, así como xogos. Fonte: KDE
Ligazóns con máis información e referencias:
Artigos relacionados |








A Comunidade de KDE 













