| O portal VIA-LINUX do fabricante VIA xa comezou a distribuír drivers para Ubuntu e SUSE Linux |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 05 de Maio do 2008 | |
|
Hai uns días faciámonos eco do lanzamento de VIA-LINUX, o portal de Software Libre dun dos maiores fabricantes de procesadores x86, VIA. Pois ben, VIA xa comezou a publicar software no portal e xa hai dispoñibles controladores para a nova Ubuntu 8.04LTS e SUSE Linux Enterprise Desktop 10 do chipset VIA CN896. A documentación e o código fonte aínda non están dispoñibles máis esperan presentalo nas próximas semanas, e contra finais de ano implementarán os foros e ferramentas de notificación de erros...
"VIA está ilusionada por adoptar un papel máis activo dentro do ecosistema do código aberto" asegura Richard Brown, Vicepresidente de Marketing corporativo de VIA. "A posta en marcha do portal VIA-LINUX supón un paso importante na nosa iniciativa a longo prazo en relación ao código aberto, e ofrecer soporte para Ubuntu, unha das distribucións máis coñecidas, é o comezo ideal". A versión beta del Portal VIA Linux está ubicada en linux.via.com.tw.
Artigos relacionados
|
















