Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow O novo UMPC de E-Lead, funcionará con Ubuntu
O novo UMPC de E-Lead, funcionará con Ubuntu PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 08 de Xaneiro do 2008
A empresa taiwanesa E-LEAD aproveitou o CES para presentar un novo concepto de UMPC, similar ao do ASUS Eee PC pero que fai uso extensivo de pantallas táctiles. E ademais diso, cunha Ubuntu controlándoo todo.

O denominado Noahpad UMPC dispón dunha pantalla de 7 polgadas convencional (non táctil), pero no lugar de teclado dispón de dous cadrados táctiles de 2,76 polgadas de diagonal que permiten acceder a un teclado táctil virtual cunha característica sorprendente: ao encartar o teclado sobre a pantalla pódense ver as pulsacións do teclado sobre a pantalla.

 

O efecto parece algo complexo, pero segundo os seus desenvolvedores está destinado a mellorar a velocidade de introdución de texto, xa que permite metelo con varios dedos en lugar do uso tradicional dos polgares. O dispositivo podería estar dispoñible en marzo de 2008.

Fonte: theinquirer.es





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement