| O navegador Firefox supera o 23% de usuarios en Europa |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 12 de Decembro do 2006 | |
A consultora Xiti Monitor realizou un estudo sobre a utilización do navegador Firefox en Europa. Dos seus datos despréndese a cifra de que Firefox subiu case catro puntos desde o pasado mes de abril, pasando dun 19,4% a un 23,2% de media en Europa.As cifras tamén arroxan datos importantes con respecto a onde utilizan os usuarios Firefox e onde Internet Explorer. Por exemplo, o uso de Firefox aumenta as fins de semana... Isto podería supor que os internautas teñen este navegador instalado na súa casa, mentres que no seu lugar de traballo utilizan Internet Explorer porque é o que se inclúe por defecto co sistema operativo. En canto ás cifras de uso do Firefox por países, a pesar do que podería pensarse, España é o país europeo no que menos se utiliza este navegador, cun 13,7%, seguido de Ucraína cun 13,8 e Holanda, cun 14%. Entre os países que máis o utilizan está Eslovenia, cun 40,5% e Polonia, cun 33,6%. A media europea de uso de Firefox sitúa a Europa só por detrás de Asia-Australia (23,4%). A súa utilización redúcese a un 14,5 en norteamérica e un 11,5% en latinoamérica. Fonte: www.20minutos.es e www.theinquirer.net Artigos relacionados
|






















