Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow O IES San Clemente promove a presenza do galego na Wikipedia
O IES San Clemente promove a presenza do galego na Wikipedia PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008

Con motivo da celebración, o 17 de maio, do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, os departamentos de galego e informática do IES San Clemente organizan na véspera desta data unha charla para fomentar a presenza do galego na Wikipedia, así como o seu uso.

O obxectivo da xornada céntrase en dar a coñecer a Galipedia ao profesorado do centro, informando do carácter colaborativo deste proxecto de ámbito internacional e das súas posibilidades como recurso educativo.

Asemade, búscase, con esta iniciativa, a participación activa do persoal docente do centro na mellora e creación de novos artigos, poñendo en valor os contidos das distintas materias xa preparados para as clases cotiás.

Deste xeito, incrementaríase notablemente o número de artigos en lingua galega na Wikipedia sen un investimento de esforzos excesivo.

A versión galega da Wikipedia naceu o 8 de marzo de 2003, e conta con 34.447 artigos. Outra lingua estatal, como o catalán, ten máis de 115.000 artigos e, no caso do castelán, preto de 360.000 entradas.

A charla terá lugar o vindeiro venres día 16 de maio ás 11:00 da mañá, no salón de actos do IES San Clemente, e a súa duración será de aproximadamente 1 hora.

 Fonte: IES San Clemente





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement