Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow O Google Summer of Code do 2008 xa está en marcha

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
O Google Summer of Code do 2008 xa está en marcha PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 28 de Febreiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/google_code.gifO "Google Summer of Code 2008" xa está en marcha, ou polo menos así o anuncia Google no seu blogue http://code.google.com/soc/2008. Durante os últimos tres anos, o programa xuntou a uns 1500 estudantes e 2000 titores duns 90 países ao redor do mundo, e agora xa están buscando novos estudantes e proxectos para a edición deste ano.

O prazo de aceptación de solicitudes para os titores e os seus proxectos comeza o 3 de marzo, e para os estudantes comeza o 24 de marzo.


Segundo o blogue, non hai motivos para esperar a que comece o período de rexistro para comezar, tanto na comunidade de Google Summer of Code como no desenvolvemento en Software Libre. Para ir comezando a informarte podes botar un ollo ás FAQ do programa e ás condicións do servizo, e visitar as páxinas das edicións anteriores (edición 2005, 2006 e 2007), e se tes algunha boa idea para mellorar algún dos proxectos listados, xa poderías comezar a traballar nela.

Contacto:
A través do canle #gsoc en Freenode e na rolda de discusión do programa.

Fonte:
http://code.google.com/soc/2008




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...