Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow O Goberno de Ecuador promove o uso do Software Libre nas entidades públicas
O Goberno de Ecuador promove o uso do Software Libre nas entidades públicas PDF Imprimir Correo-e
o Venres, 07 de Marzo do 2008
O Goberno Nacional de Ecuador promove o uso do Software Libre nas entidades públicas a fin de contar con maior seguridade informática, libre acceso a datos e programas, aforro no custo de licenzas e a xeración de emprego para os profesionais ecuatorianos.

Neste contexto, a Subsecretaría de Informática da Presidencia da República entregou os diplomas de acreditación aos funcionarios dos ministerios de Deporte e de Cultura, quen polo espazo de dous meses recibiron capacitación sobre o uso e manexo de folla de textos, folla de cálculo, presentacións, correo electrónico e navegador como ferramentas do Software Libre.

Un dos responsables sinalou que se escolleu a mellor tecnoloxía que se ten a man, deixando de lado o uso de ferramentas propietarias, tras salientar que na administración pública debía darse o paso de migración cara o Software Libre, as súas palabras textuais foron “porque non é xusto que se pague 400 dólares por unha licenza”.

Así mesmo anotou que a capacitación dos 149 servidores públicos dos dous ministerios durou dous meses e contou coa asistencia de instrutores da Asociación de Software Libre.

Fonte: Presidencia.gov.ec





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement