Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow O fundador do proxecto Ubuntu fai un chamamento á sincronización na liberación das distros GNU/Linux
O fundador do proxecto Ubuntu fai un chamamento á sincronización na liberación das distros GNU/Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008
Un calendario de liberación común beneficiaría tanto a usuarios como a distribuidores

Mark Shuttleworth, presidente de Canonical e fundador do proxecto Ubuntu, vén de pedir ao resto de desenvolvedores de GNU/Linux sincronizar a liberación das futuras versións das súas distribucións

Do mesmo xeito, Shuttleworth comprometeuse a entregar a vindeira versión LTS (Long Term Support), a 10.04, en abril de 2010. Esta data estaría condicionada ao feito de que Red Hat, Novell e Debian decidisen cooperar nun lanzamento sincronizado nunha data diferente.

O presidente apuntou no seu blog que un calendario de lanzamentos conxuntos beneficiaría tanto a usuarios como a distribuidores.

Segundo explica, “Se dous ou tres de Red Hat (RHEL), Novell (SLES) e Debian están dispostos a acordar por adiantado unha data conxunta máis próxima e, polo tanto, con versións sincronizadas de Kernel, ferramentas de compilación, Gnome e KDE, X e OpenOffice, e cun período de seis meses e entre 2 e 3 anos para a LTS, daquela eu reaxustarei o calendario de Ubuntu”.

As primeiras reaccións xa chegaron por parte da comunidade de Debian, a cal mostrou inicialmente o seu interese favorable pola idea.

Fonte: The register  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement