Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
O formato ODF xa ten logotipo oficial PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 11 de Xuño do 2008

odfOs documentos con formato aberto Opendocument (ODF) teñen dende hai uns días novo distintivo para a súa identificación. Despois das diversas propostas presentadas dende principios de ano, está xa dispoñible unha versión oficial de ODF.

A Comisión de adopción OASIS ODF presentou o novo logotipo co propósito de ofrecer unha imaxe homoxénea a través dun deseño sinxelo, reconocible e libre, o cal “pon de manifesto a solidariedade da comunidade ODF en todo o mundo”. O logotipo está baseado nun deseño de Red Hat cunha adaptación do símbolo OASIS creado por Sun.

A pomba que nel aparece é adaptable a sinais de formato apaisado, camisetas, webs, presentacións gráficas... Ademais, o logotipo permite incorporar un eslogan opcional “Liberate Your Documents”, que pode ser traducido a calquera outra lingua.

A comunidade ODF convida a calquera persoa que apoie o formato a descargar e a usar o logotipo sen coste ou restrición. Iso si, adaptándose as liñas establecidas polo manual de uso).

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...