| O creador da Web anuncia a creación dunha Fundación para achegar a rede a todo o mundo |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Martes, 16 de Setembro do 2008 | |
O Newseum de Washington, D.C. (USA) foi o escenario escollido por Sir Tim Berners-Le, considerado o creador da web, para anunciar a creación da World Wide Web Foundation, unha entidade que terá como obxectivo que a humanidade se conecte mediante a tecnoloxía e cuxa misión se resume en "avanzar cara a unha web que sexa libre e aberta, expandir a capacidade e solidez da web e estender os seus beneficios a toda a xente do planeta"A entidade quere unir a líderes, gobernos, organizacións non gobernamentais, universidades e expertos en diferentes áreas para cumprir con estas metas, financiando proxectos de investigación, tecnoloxía e desenvolvemento social ao redor do mundo, cos cales se buscará beneficiar e conectar ás comunidades máis necesitadas. Aínda en etapa de desenvolvemento e en busca de almas xenerosas que doen diñeiro, a World Wide Web Foundation espera ver a luz oficialmente a comezos de 2009, momento en que tamén esperan anunciar as primeiras medidas concretas para facer que a rede de redes sexa accesible para todos. Máis información: World Wide Web FoundationArtigos relacionados |







O 








