| NTeam, a alternativa en Software Libre a Visual Studio Team System |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 28 de Novembro do 2006 | |
|
Alan Stevens, Jason Benthley xunto cun equipo de 33 programadores e xestores de proxectos, comezaron a planificación dun sistema en Software Libre como alternativa a Microsoft Visual Studio Team System.
O proxecto chámase NTeam e integrará ferramentas e aplicacións libres xa existentes para os módulos de probas e desenvolvemento (NUnit e NAnt)... Do mesmo xeito que o recentemente lanzado VSTS de Microsoft, NTeam tamén cubrirá as diversas fases do ciclo de vida, aínda que na súa primeira versión é previsible que implemente algunhas funcionalidades menos. Fai poucas semanas, cando se formou o grupo, pareceu que ata Microsoft apoiaba a idea, e de feito o proxecto hospedouse nos "workspaces" de GotDotNet. Con todo, o pasado día 14, o equipo colleu os bártulos e marchouse a sourceforge.net. NTeam permitirá dispor de forma gratuíta dun marco de xestión e seguimento de proxectos, adecuado para contornas áxiles. |





















