| NSIS: Ferramenta para crear instaladores para Windows das túas aplicacións |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Mércores, 16 de Xullo do 2008 | |
|
Os instaladores que se crean a partir de NSIS teñen incluso a posibilidade de ir comprimidos para que o instalador final ocupe menos espazo e sexa facilmente transportable. NSIS está baseado en scripts, é dicir, nun conxunto de instrucións e comandos, que forman o código que despois permite crear os instaladores. Para editar os scripts, pódese facer de forma manual, mais un editor do estilo de HM NIS Edit pode facilitarnos a edición dos mesmos en gran medida. Para facernos unha idea do potente que é esta ferramenta aquí vos deixamos a ligazón á lista de proxectos que NSIS como empaquetador das súas versións para Windows. Entre eles destacamos proxectos tan importantes como OpenOffice.org, Firefox, Pidgin, VLC, etc...
A versión 1de NSIS é en moitas formas similar ao clásico instalador de Windows, pero con máis facilidade para codificar e soporta máis formatos de compresión. As melloras que trouxo a versión 2 foron unha nova interface, soporte para compresión LZMA, múltiples idiomas e un sistema de plugins sinxelo. |







NSIS ou 








