Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Novas características de OpenOffice.org 3: importar PDF, interface Aqua para Mac nativa e máis
Novas características de OpenOffice.org 3: importar PDF, interface Aqua para Mac nativa e máis PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Xaneiro do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifA futura versión 3 do OpenOffice.org terá soporte nativo para a interface Aqua dos Mac OS X, co cal conseguirá unha perfecta integración neste sistema operativo. Actualmente xa se poden descargar versións beta do OpenOffice.org 2.3 coa interface Aqua, pero a primeira versión oficial con soporte nativo será a 3.0.
 
Tamén incluirá unha mellor xestión de información persoal (PIM): correo electrónico, calendario con  reunións, xestión de tarefas, conectividade con servidores CalDAV, Google Calendar, Sun Calendar e iCal
 
Outra nova característica será a importación de ficheiros PDF dentro de Draw para poder editalos sen que se vexa afectado o esquema visual do mesmo. Ademais toda a suite ofimática poderá gardar documentos PDF "híbridos" que se poderán ver como PDF ou editar como ficheiros OpenDocument.
 
Máis características:

 

  • Editar wikis directamente desde OpenOffice.org sen ter que aprender os formatos de edición dos mesmos. 
  • Soporte para Wordpress.
  • Soporte para o formato MS Office 2007 XML.
  • Soporte mellorado para Latex.
  • Xestor de extensións que permite estender as funcionalidades de OpenOffice.org ao estilo dos complementos do Firefox. Algunhas extensións actuais permiten o envío/recibo de fax, integración con Google Docs, control de versións con Subversion, comentarios de voz para as presentacións, manexo remoto das presentacións con dispositivos Bluetooth....
Fonte orixinal da nova:
http://blog.gobanquet.com




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement