| Nova versión do Emulador de DS DeSmuME |
|
|
|
|
DeSmuMe é un emulador de Nintendo DS, aínda que un pouco limitado xa que non permite sacar capturas ou configurar de forma axeita o mando, pero pode executar un gran número de Roms.
É un emulador estable que nos permite gozar dunha gran colección de xogos para DS, en calquera plataforma, sexa GNU/Linux, Mac ou até Windows.
Aínda que nun principio foi creado para que os programadores puidesen probar con máis comodidade as súas aplicacións, hoxe trátase dun completo emulador que corre tanto os xogos comerciais como aplicacións. Artigos relacionados
|
















