Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Nova versión de Zimbra (ZCS) 4.5.7
Nova versión de Zimbra (ZCS) 4.5.7 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 20 de Setembro do 2007
ZimbraXusto uns días despois da súa compra por yahoo da Suite de Colaboración Zimbra (Zimbra Collaboration Suite ou ZCS)  sae unha nova versión 4.5.7

Zimbra é un programa colaborativo ou Groupware. Posúe tanto o compoñente de servidor como o seu respectivo cliente. Ten dúas versións dispoñibles: unha versión soportada pola comunidade de Software Libre (Open Source), e unha versión soportada comercialmente (Zimbra Network) que contén algunhas melloras propietarias.
O Servidor ZCS fai uso de proxectos Open Source existentes como ser: Postfix, MySQL, OpenLDAP e Lucene. Ten unha interface de programación de aplicacións (API) SOAP para toda a súa funcionalidade e actúa tanto como un servidor IMAP e POP3.

O Cliente Web ZCS é unha interface de colaboración e administración completa creada empregando o Toolkit Zimbra Ajax. Soporta correos electrónicos e calendarios a través da interface web Ajax,  obxectos arrastrables, e menús que se expanden ao facer clic dereito. Tamén inclúe capacidades de procura avanzada e permite relacionar datas. O calendario compartido en grupo tamén esta incluído.

ZCS é compatible con clientes propietarios tales como Microsoft Outlook, Novell Evolution e Apple Mail. Tamén prové soporte de sincronización nativo de dúas vías para moitos dispositivos móbiles (Nokia E-Series, BlackBerry, Windows Mobile, etc).
 
Descarga sourceforge: Zimbra  




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement