Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Nova versión de TNTConcept con demostración en liña
Nova versión de TNTConcept con demostración en liña PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 24 de Maio do 2007

Xa está dispoñible a versión 0.3.1 de TNTConcept que incorpora melloras e correccións sobre a súa predecesora. Xunto con este lanzamento tamén se publicou unha versión de demostración do proxecto na que se pode probar todas as funcionalidades da aplicación.

TNTConcept é unha ferramenta Web, baixo licenza GNU/GPL, para xestionar os procesos básicos dunha pequena empresa de servizos. Este software pode ser de utilidade para empresas de servizos, profesionais independentes ou departamentos de desenvolvemento.

Entre as novidades da nova versión (0.3.1) destacan a:

  • Incorporación de novos campos en multitude de táboas (foto, xerarquía de empresa, datos de contratos, etc.).
  • Inclusión de información sobre campos obrigatorios.
  • Validacións en campos.
  • Posibilidade de emitir facturas dende o sistema e importar os datos das mesmas desde os partes de actividade.
  • Control de facturas recibidas (para cálculo de taxas soportadas e repercutidas).
  • Novos formatos de informes.

Para ver en máis detalle todas as funcionalidades convén ler o titorial ou consultar a web do proxecto.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement