Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Nova versión de PostgreSQL 8.3

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Nova versión de PostgreSQL 8.3 PDF Imprimir Correo-e
o Mércores, 06 de Febreiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/postgresql.pngA última versión deste motor de xestión de bases de datos acaba de aparecer, e chega con moitas novidades que o sitúan como unha alternativa moi válida respecto a MySQL, Oracle ou Microsoft.

Unha das melloras máis importantes é a integración da tecnoloxía HOT (Heap Organized Tuples), que mellora de forma crítica o rendemento das bases de datos que se actualizan cunha frecuencia moi alta. Outras novidades afectan á inclusión dos chamados "commits" asíncronos, soporte SQL/XML, procuras de texto nas base de datos ou a posibilidade de realizar escaneos simultáneos en grandes bases de datos.

"A evolución continua do xestor de datos de código aberto PostgreSQL dálles aos usuarios a opción de instalar unha base de datos non privativa, permitíndolles aforrar diñeiro, mellorar o rendemento e incrementar a produtividade. PostgreSQL 8.3 é unha versión impresionante e alentamos aos clientes de todo o mundo a que o exploren", di Rich Green, vicepresidente executivo de software de Sun Microsystems.

Fonte: Nota de prensa 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...