| Nova versión de HyperScope 1.1 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 13 de Decembro do 2006 | |
|
HyperScope é un procesador de alto rendemento que permite navegar, ver e ligar documentos de maneiras sofisticadas. É o primeiro paso para chegar a un sistema aberto de Hyperdocument. HyperScope desenvolveuse en Javascript usando o “toolkit” Dojo e traballa en Firefox (recomendado) e Internet Explorer. Utiliza OPML como formato de arquivo. É open source e ten licenza GPL. Hai dispoñibles exemplos de documentos cos que podes probar HyperScope. A nova versión 1.1 conta cun transformador HTML, permitindo probar a conversión de documentos proporcionando unha url. |





















