| Nova versión 3.0 de Claws, cliente de correo |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 04 de Setembro do 2007 | |
|
Claws é un cliente lixeiro de correo para o contorno de escritorio Gnome desenvolvido en GTK2. Permite ter cabeceiras e firmas personalizadas nos correos, policromía que distingue entre se pertence a unha dirección web (Thunderbird require para iso unha extensión), ou é unha cita anterior á da mensaxe, non é necesario borrar a firma doutro remitente nas contestacións, xa que o cursor ponse xusto antes desta, posibilidade de utilizar varios dicionarios (esta tamén a prové Thunderbird con outra extensión). Pódense engadir funcionalidades ademais a través de diversos complementos. Artigos relacionados
|
















