| MusicXML, estándar aberto para a notación musical |
|
|
|
|
MusicXML é un formato aberto, baseado en XML, para o intercambio de partituras de música entre programas. O obxectivo é crear un tradutor universal para a notación musical occidental. A información musical en MusicXML está deseñada para ser empregada polos programas de partituras, secuenciadores, e outros programas software (educativos, base de datos, ...). Facendo uso da notación XML é posible definir os compases da partitura, a armadura, as notas e a súa duración, ...
Exemplo da notación XML empregada por MusicXML A notación foi deseñada por Recordare LLC e a primeira versión foi liberada en Xaneiro de 2004. En xuño de 2007 aparece a versión 2.0 que inclúe un formato comprimido estándar. Na actualidade, MusicXML está soportado por máis de 90 programas, entre eles os líderes do mercado neste eido (Finale, Sibelius, Cubase, ...). O estándar de MusicXML está definido por unha serie de DTDs (definición de tipos de documento) os cales se poden redistribuir libremente baixo a licenza pública de MusicXML. Artigos relacionados |






















