Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Multas automatizadas con Software Libre en Portugal
Multas automatizadas con Software Libre en Portugal PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 24 de Xuño do 2008

A tecnoloxía aberta, concretamente o servidor de aplicacións Java Jboss, é a base do novo Sistema de Xestión de Multas (SCOT), desenvolvido polo Ministerio portugués de Asuntos Internos.

O sistema, posto en funcionamento recentemente, ofrece servizos tecnolóxicos ás dúas entidades portuguesas responsables das forzas policiais, a Policía de Seguridade Pública (PSP) e a Garda Nacional Republicana (GNR).

Segundo explica un dos administradores do proxecto, Carlos Lourenço, da Rede Nacional de Seguridade Interna, o uso de aplicacións con código aberto permitiu reducir os custos, ao tempo que contribuiu a racionalizar os procesos comunicativos entre ambas forzas de seguridade.

SCOT permite aos axentes de policía xerar e emitir multas e tickets cun mínimo esforzo. Usando consultas predefinidas, os rexistros son recollidos automaticamente da base de datos. Lourenço explica que o sistema permite, ademais, minimizar ao mínimo os erros: “cada multa ten que ver cun só número do carnet de conducir, unha matrícula, un único lugar e un código de infracción”.

Así mesmo, o sistema permitirá tamén contribuír a reducir as tarefas administrativas levadas a cabo polas forzas de policía  a nivel administrativo. “Isto permitiranos reasignar os axentes de policía a outras actividades operacionais”.

 

Fonte: IDABC





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement