Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Mozilla quere superar a marca Guinness de descargas con Firefox 3
Mozilla quere superar a marca Guinness de descargas con Firefox 3 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 29 de Maio do 2008

firefoxA Fundación Mozilla anunciou que espera superar a marca Guinness de descargas de software na Rede en 24 horas, co lanzamento da nova versión do seu navegador, Firefox 3, que está previsto para o mes de xuño.

O reto, que xa foi bautizado como Download Day, terá lugar o mesmo día do lanzamento do novo navegador. A fundación animou aos seguidores de Firefox a que apoien a iniciativa e presten o seu apoio ben sexa comprometéndose a descargar Firefox 3, ben organizando unha festa, invitando a amigos, ou colocando botóns do Día da Descarga nas súas páxinas web.

Para iso, Mozilla puxo a disposición dos usuarios un enderezo web no que poder descargar Firefox 3 no Download Day, así como unha para organizar festas e outra para engadir botóns e banners do navegador a páxinas web, blogs ou perfís.

Desde 2004, a comunidade Firefox creceu até acadar os 175 millóns de usuarios. Firefox está dispoñible en máis de 45 idiomas, ás que se engadirá proximamente a versión oficial en galego.

Fonte: Vnunet





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement