Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Mozilla proporá actualizar de Firefox 2 a Firefox 3

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Mozilla proporá actualizar de Firefox 2 a Firefox 3 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Irene Touriño o Venres, 22 de Agosto do 2008

Segundo comentan en Mozilla Wiki, está previsto que na vindeira semana os desenvolvedores de Firefox propoñan aos usuarios de Firefox 2 a actualización automática a Firefox 3 a través dunha notificación. Por tanto, aínda que non sería obrigatoria facela, quen non o tivera feito por algún motivo específico poderá facelo directamente desde o propio navegador.

Isto supón un cambio xa que até agora cada versión íase actualizando independentemente da outra (por exemplo mentres tiñamos a Firefox 2 aínda se continuaba coa versión 1.5), pero a idea é que Firefox 3 sexa a versión utilizada deixando a versión anterior de lado.

A pesar disto, as persoas que desistan de actualizar terán de todos os xeitos a versión 2.0.0.17, que aparecerá xunto coa versión 3.0.2 de Firefox, previstas para o 11 de setembro. Iso si, a versión 2 será soportada oficialmente por Mozilla só até mediados de decembro, polo que é recomendable ir pensando en actualizarse.

Máis información




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...