| Mozilla permite aos usuarios xerar os seus propios mashup |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Venres, 29 de Agosto do 2008 | |
|
Ubiquity, un novo experimento de código aberto, podería permitir a usuarios non técnicos crear aplicacións web híbridas, ou mashup
Os mashup permiten que calquera persoa combine, de forma innovadora, datos que existen en diferentes páxinas web para crear un novo contido completo, consumindo servizos sempre a través de protocolo http. Até agora a súa creación estaba restrinxida aos programadores e desenvolvedores de aplicacións, pero este novo proxecto de Mozilla quere levar o control ás mans do usuario final, permitíndolle executar tarefas como a tradución en pantalla ou a procura en sites como Google ou Amazon. Ubiquity é un experimento de Mozilla Labs que busca atopar novos interfazes de usuarios que poderían facer posible a todo o mundo facer tarefas comúns máis rápida e facilmente. A primeira versión da aplicación (0.1) está dispoñible para a súa descarga. O código do experimento Ubiquity está a lanzarse como software de código aberto baixo a tripla licenza GPL/MPL/LGPL. Artigos relacionados
|

















