| Mozilla e Verizon únense á Fundación LiMo |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 16 de Maio do 2008 | |
Un total de oito compañías unirán os seus esforzos á Fundación LiMo co propósito de desenvolver unha nova versión do sistema operativo Linux para teléfonos móbiles. Verizon e Mozilla serán as empresas de referencia nesta alianza, pero xunto a elas estarán outras como Infineon, Kvaleberg, Red Bend Software, Sagem Mobiles, SFR e SK Telecom. Segundo a informacion facilitada ao longo destes días, Verizon está tratando xa de incorporar no seu novo catálogo un dispositivo móbil LiMo que, de concretarse a operación, sería lanzado para o ano 2009. Pola súa banda, Mozilla intentará que o seu navegador logre posicionarse como o novo sistema operativo para terminais de telefonía móbil no mercado. Fonte: News.comArtigos relacionados |








Un total de oito compañías unirán os seus esforzos á 












