| Mozilla contrarresta o anuncio de Chrome anunciando as características do seu novo motor |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Xoves, 04 de Setembro do 2008 | |
|
Entre estas características, Mozilla quixo destacar a rapidez coa que funcionará o Firefox 3.1 coma unha das principais vantaxes fronte o resto de navegadores. Aínda que actualmente, Crome corre baixo V8, un motor JavaScript open source que, segundo explica Google, é o máis rápido que se pode ver na web, Firefox 3,1 utilizará TraceMonkey. TraceMonkey é un novo motor, do que xa deramos conta en Mancomún e que segundo o programador Brendan Eich, eclipsará calquera esforzo que a xente de Chrome poida realizar.
![]() Para certificar estas declaracións, o desenvolvedor fixo unha proba, a través de SunSpider, comparando a Firefox e TraceMonkey e Chrome con V8. Os resultados, segundo se pode ver no gráfico, foi favorable para Firefox, sendo Chrome un 28% máis lento baixo Windows XP e 16% baixo Windows Vista. Fonte: TechCrunch Artigos relacionados |







Co lanzamento de Chrome aínda facendo 









