Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Mjrz PFM permite xestionar contas e gastos persoais dun xeito sinxelo
Mjrz PFM permite xestionar contas e gastos persoais dun xeito sinxelo PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 20 de Novembro do 2007

MjrzMjrz é unha ferramenta de xestión financeira para a xestión de gastos e ingresos. O seu deseño é intuitivo e de uso sinxelo pensado para usuarios no seu uso doméstico ou na pequena empresa, que non estean familiarizados cos principios de contabilidade. Mjrz PFM é unha aplicación base dos principios de contabilidade da dobre entrada.

 

As principais características de Mjrz PFM son:

  1. Interface amigable de uso sinxelo e intuitivo.
  2. Multiplataforma, traballa sobre calquer máquina que conte cunha máquina virtual de Java.
  3. Xestión de gastos e seguimento de conta de balances.
  4. Xeración de informes.
  5. Crear e garda filtros complexos para procurar no historial de transaccións.
  6. Gráficos e diagramas para os activos, responsabilidades e valor neto.
  7. Vista de prezos do inventario. Gráficos para o seguimento histórico dos prezos.
  8. Axenda de enderezos, email, números de teléfono, ...
  9. Importación datos en formato OFX para interoperabilidade con bancos e tarxetas de crédito. Soporte do último formato Quicken.
  10. Importación de contactos de outlook, Yahoo mail, Gmail, ...
  11. Datos cifrados para maior seguridade. Acceso a ferramenta protexido por contrasinal
  12. Soporte multi idioma (inglés, alemán, portugués, turco, castelán)
Mjrz
Pantallazo Mjrz.net

Mjrz PFM está liberado baixo licenza Apache v2.0. Para obter máis información do proxecto consultar a súa web, Mjrz.net.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement