Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Mergeant, gestión de bases de datos en GNOME
Mergeant, gestión de bases de datos en GNOME PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 21 de Abril do 2008

Mergeant é un frontal para administradores de bases de datos e desenvolvedores de aplicacións de bases de datos. Mergeant ten como obxectivo facilitar a xestión de bases de datos a partir dunha interface gráfica sinxela.

O seu funcionamento é mediante un sistema de compoñentes (plugins), que permite manexar bases de datos MySQL, Postgres, SQLite, ... (ver táboa de base de datos soportadas).

Mergeant é un compoñente de GNOME-DB que emprega as bibliotecas Libgda e Libgnomedb e a xestión das fontes de datos faise a través de ambas bibliotecas.

Calquera programa que utilice ditas bibliotecas beneficiarase das mesmas facilidades respecto de fontes de datos (glade, abiword, glom). As fontes de datos son configuradas no rexistro de GConf, e almacenadas no arquivo .libgda/config.xml no directorio home de cada usuario.

Características:

  • Permite modificar e facer consultas de selección sobre táboas.
  • ...
  • Permite conexións a calquera base de datos baseadas na biblioteca Libgda.
  • Permite abrir varias conexións simultaneamente.
  • Utiliza o concepto de espazos de traballo, onde un espazo de traballo é unha fiestra onde se manipulan os datos que corresponden a unha conexión.
  • Extrae un dicionario de todos os obxectos estruturais presentes na base de datos (a primeira vez que se establece a conexión), e almacénao nun ficheiro para a próxima vez que se utiliza a conexión.
  • Sincroniza o dicionario coa estrutura real da base de datos.

http://www.mancomun.org/images/stories/mergeant-pantallazo.png
Pantallazo de mergeant en funcionamento






ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement