| Mavscript, software para a realización de operacións alxebraicas sobre documentos |
|
|
|
|
Mavscript é un software, desenvolvido en Java, para realizar cálculos sobre un documento de texto (.txt, .odt, .sxw, .html, .svg ou outros formatos de texto) devolvendo o resultado das operacións. Mavscript emprega un sistema de álxebra para computación, Yacas, que realiza a manipulación simbólica de expresións matemáticas. Facendo uso dun documento como modelo, cunha sintaxe propia, rastrea o documento realizando os cálculos. O obxectivo de Mavscript non é competir coas follas de cálculo senón permitir realizar cálculos en documentos de texto onde as funcionalidades matemáticas están máis limitadas. A desvantaxe respecto das follas de cálculo é a falta de interactividade, especialmente no uso de gráficas que dependen dos resultados.
Mavscript traballa sobre GNU/Linux, MS Windows, Mac OS X ou outros sistemas que conten coa máquina virtual Java 1.4 ou superior. Mavscript ten licenza GNU/GPL e pódese descargar dende a forxa de BerliOS.
Artigos relacionados
|
















