Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Manexar imaxes de CD/DVD con KDE: AcetoneISO
Manexar imaxes de CD/DVD con KDE: AcetoneISO PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 07 de Novembro do 2006
acetoneiso
 
AcetoneISO é un programa para a contorna de escritorio KDE que permite o manexo de imaxes de CD/DVD. A última versión é a 6.5.1 a cal ten unha nova e mellorada interface gráfica que nos permitirá levar a cabo as seguintes tarefas:
  1. Montar e desmontar imaxes ISO e MDF (conforme ao estándar iso-9660)
  2. Converter imaxes BIN/CUE, MDF, NRG, CCD/IMG, CDI, XBOX, B5I/BWI, PDI a ISO
  3. Gravar imaxes ISO, CUE, TOC directamente usando o K3b
  4. Borrar CD/DVD regravables
  5. Verificar ou xerar a suma md5 dunha imaxe
  6. Crear a imaxe ISO de cartafois e CD/DVD
  7. Reproducir unha ISO dun DVD dunha película con Kaffeine, Mplayer, VLC, Kmplayer
  8. Partir imaxes ISO en ficheiros máis pequenos e volvelos a xuntar.
  9. Encriptar e desencriptar unha imaxe ISO.
  10. ....

Esta aplicación necesita ter instalado no sistema os seguintes paquetes: kommander e p7zip

Na web KDE-Apps.org tamén recomendan que antes de instalar o programa deberemos borrar "mdf2iso", "nrg2iso" e "bchunk" si se instalaron dos repositorios.

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement