Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Mancomún presente na xornada “2.0 A Nóva Ágora Galega”
Mancomún presente na xornada “2.0 A Nóva Ágora Galega” PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 14 de Maio do 2008
 A Xornada sobre experiencias e aplicacións das tecnoloxías web 2.0 en diferentes ámbitos, desenvolvese esta tarde no campus de Ourense baixo o título “2.0 A Nóva Ágora Galega”, e contará entre os seus interventores coa participación de Mancomún. A través do coordinador da Iniciativa, Xesús Benítez Baleato, os asistentes ao evento poderán coñecer de primeira man a perspectiva da Administración con respecto ao desenvolvemento e os avances acadados polo Software Libre en Galiza.

O evento, enmarcado dentro da campaña Máis Internet, Máis Galego, Máis futuro programado pola Consellaría de Innovación e Industria con motivo do Día das Letras Galegas, está organizado polas tres universidades galegas xunto coa Consellaría de Innovación e Industria co fin de acadar unha reflexión conxunta sobre as posibilidades que as tecnoloxías da información e a comunicación poden achegar para a normalización da nosa lingua, a difusión e o enriquecemento da nosa cultura e a construción da sociedade do coñecemento en Galiza.

A relevancia que o Software Libre está a acadar para lograr estes obxectivos porase de manifesto no transcurso da mesa redonda “As comunidades no desenvolvemento de proxectos de software libre ”. Este encontro desenvolverase coa moderación do coordinador de Mancomún e coas intervencións de Xurxo Cegarra de Wireless Galicia, Susana Álvarez de Redegal, Manuel Pacior de Ilumax Software e Jordi Mas de OpenBravo.

Máis información




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement