| Ma.gnolia 2 pasará a ser Software Libre |
|
|
|
| escrito por fjrial o Luns, 25 de Agosto do 2008 | |
|
Ma.gnolia 2 ou M2 de forma abreviada, pretende reescribir por completo o seu sistema, engadindo aquelas funcionalidades que teñan bastante aceptación por parte dos usuarios, ademais de novas características, mellorando a arquitectura para o manexo de grandes cantidades de información. Pero o máis novo é que, se queremos, podemos crearnos a nosa propia versión de Ma.gnolia de forma personalizada, e instalala nos nosos propios servidores. Así é, Ma.gnolia pasará a ser de código aberto, baixo licenza GPL. Para os que non coñezan a aplicación, Ma.gnolia é unha aplicación web que permite gardar favoritos, marcadores, puntualos, engadir etiquetas ás ligazóns gardadas, subscribirse a través de RSS ou ATOM e inclusive crear comunidades, grupos de usuarios que comparten favoritos de forma que sexa máis fácil encontrar recursos interesantes... Máis información en: http://ma.gnolia.com/blog/2008/08/22/the-open-road-ahead Artigos relacionados
|
















