Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Lista de aplicacións en Software Libre como ferramentas alternativas para clonacións de discos duros
Lista de aplicacións en Software Libre como ferramentas alternativas para clonacións de discos duros PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 25 de Xaneiro do 2008

Para todos aqueles que buscan unha alternativa en Software Libre a programas para clonación de discos duros (como Norton Ghost ou Zenworks, por exemplo), aquí vos ofrecemos unha lista con varias aplicacións:

  • Free, Open-Source Ghost (FOG):
    Suite para clonado de discos para Windows XP e Vista que ten incluso interface web para xestionala. Un dos inconvenientes é que polo de agora só pode xestionar unha soa partición de disco.
  • PING: "Partimage Is Not Ghost":
    É un live-CD de Linux baseado en LFS (Linux From Scratch). Permite facer copias completas de particións, soporta backups a través de protocolos Samba (SMB), da BIOS, creación de DVD de restauración, etc...
  • Partition Image:
    Utilidade Linux/Unix paracida ao Ghost de Symantec. Traballa cos seguintes sistemas de ficheiros: EXT2, Reiserfs, NTFS, HPFS, FAT16 e FAT32. Ten capacidade para comprimir as imaxes con bzip2 ou gzip e tamén pode dividilas en varias máis pequenas para poder gravalas máis facilmente.
  • g4u "ghost for unix":
    É un live-CD que permite o clonado dos discos usando FTP. Usado para restaurar unha imaxe de instalación dun PC en varios idénticos. O disco de arranque ofrece dúas funcionalidades: subir a imaxe comprimida do disco a un FTP, descargala a través do FTP e restaurala no disco. Permite o clonado tanto de particións como de discos enteiros...

 

  • Linbox Rescue Server (LRS):
    Ferramenta para centralizar as imaxes dos discos duros (ao estilo do Ghost Enterprise Server), backups de ficheiros, inventario de hardware e software de sistemas Windows, Linux e Mac OS X, ... Pódese xestionar a través de web e as imaxes poden restaurarse usando PXE ou un CD/DVD con arranque. Soporta Ext2/3, ReiserFS, XFS, JFS, e LVM v1/v2.
  • Clonezilla:
    Ferramenta de clonado de discos que ten como particularidade que só salva e restaura os bloques de disco que están en uso. Foi usado para clonar un disco de 5GB a 40 clientes en tan só 10 minutos.
 
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://cyberpunkcafe.com/page.php?82




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement