Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Linus Torvalds, candidato ao Príncipe de Asturias de Investigación
Linus Torvalds, candidato ao Príncipe de Asturias de Investigación PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 02 de Xuño do 2008

LinusO creador de Linux optará por segundo ano consecutivo a este galardón

Linus Benedict Torvalds, enxeñeiro de software finlandés, coñecido por desenvolver a primeira versión do kernel (núcleo) do sistema operativo Linux, foi proposto como candidato a recibir o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2008.

Con esta nominación, o “creador” de Linux concorre por segundo ano consecutivo a este galardón, co que finalmente se premiou, na pasada edición, á candidatura conxunta do biólogo español do Centro Superior de Investigacións Científicas Ginés Morata e do británico Peter Lawrence.

Nesta ocasión, Torvalds tampouco o terá fácil. Xunto ao seu nome están outros de gran relevancia no eido científico e tecnolóxico como o do británico James Lovelock, que lanzou a “teoría Gaia” que establece que a terra funciona como un organismo vivo, o bioquímico belga Eric de Clercq polos seus descubrimentos para facer fronte a enfermidades virais ou a organización meteorolóxica mundial.

Serán ata un total de 43 persoas ou organizacións, ás que se engadirán as que propoñan os membros do xurado ao inicio das deliberación o 3 de xuño, un día antes do fallo. Os premios serán entregados en outubro no Teatro Campoamor de Oviedo.

A importancia e popularidade de Linux no mundo tecnolóxico e informático mundial é indubidable e crece rapidamente. Estímase que os ingresos por software de servidores, escritorios ou empaquetados que corren baixo Linux (ou servizos complementarios) acadarán 36.000 millóns de dólares en 2008.

Fonte:  Lne.es

 

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement