| Liberada a versión estable de Django 1.0 |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Venres, 05 de Setembro do 2008 | |
|
Os desenvolvedores de Django, un dos framework libres máis famosos baseado en Python, veñen de anunciar recentemente a liberación da versión estable 1.0. Segundo se explica no blog do proxecto, este logro debeuse en gran medida á comunidade de usuarios e desenvolvedores do proxecto e destacan o grande esforzo realizado con estatísticas como 4.000 commits e 2.000 bugs correxidos dende a última versión estable. A nova versión pode conseguirse nas páxinas de descarga do proxecto. Asemade están dispoñibles as notas de lanzamento da mesma.
Máis información Artigos relacionados |
















