Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Lanzamento da versión 5 de Zimbra

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Lanzamento da versión 5 de Zimbra PDF Imprimir Correo-e
o Venres, 08 de Febreiro do 2008
ZimbraO pasado día 5 Zimbra publicou a versión ZCS 5.0, a primeira versión desta suite desde a compra de Zimbra por parte de Yahoo.

As novas características de ZCS 5.0 inclúen:

  • Posibilidade de traballar conectado ou sen conexión con Zimbra Desktop
  • Posibilidade de sincronización nativa de mensaxes de correo, contactos, calendario e tarefas de Zimbra a Outlook 2007.
  • Posibilidade de acceder a Zimbra desde calquera BlackBerry e dispositivos J2ME, ou desde calquera outro navegador móbil, como por exemplo o do Apple iPhone
  • As Tarefas de Zimbra permiten monitorizar as datas de comezo e finalización, prioridade, progreso e porcentaxe de cumprimento de cada tarefa.
  • Mensaxería instantánea vía web, con soporte de múltiples conversacións e chats de grupo
  • Posibilidade de almacenar os ficheiros adxuntos de calquera mensaxe nunha estrutura especial (Zimbra Briefcase) que permite ser compartida facilmente.
  • Posibilidade de compartir a bandexa de entrada e outros cartafoles de correo con outros, incluíndo a posibilidade de ofrecer acceso de só lectura ou ben control total.
  • Soporte multi-idioma (quince idiomas, a elixir)


Segundo InternetNews, a licenza de Zimbra cambiou á Yahoo Public License.

 

Fonte: DiarioLinux  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...