|
Lanzado oficialmente o repositorio de xogos para Ubuntu, Playdeb |
|
|
|
|
escrito por Irene Touriño
o Mércores, 03 de Setembro do 2008 |
|
Onte mesmo anunciouse oficialmente o lanzamento de Playdeb, o repositorio de xogos para Ubuntu. Este proxecto ofrece un repositorio para sistemas Ubuntu con todos os xogos do portal GetDeb.net. Desta forma, instalar novos xogos e actualizar os xa instalados pode facerse facilmente desde o xestor de paquetes do escritorio.
Despois de solucionar os problemas con Canonical e o anterior nome (chamábase Playbuntu e creaba confusión), o proxecto xa está en marcha e dispón dunha páxina web que aínda está en fase de probas. Na propia web hai unha sección dedicada a manter unha lista de xogos dispoñibles desde o repositorio, cun pantallazo, unha pequena descrición e o enlace para instalalo simplemente facendo click sobre el grazas a Apt-url.
Para instalar o repositorio só hai que ir a Sistema -> Administración -> Orixes do Software e no separador de Software de terceiros facer click sobre Engadir e pegar a seguinte liña: deb mirror://www.getdeb.net/playdeb-mirror/hardy/// hardy/ Unha vez recargada a lista, desde o Menú principal -> Engadir e quitar pódese acceder a todos os xogos e instalalos comodamente. Fonte: Genbeta
Artigos relacionados
|