| jAllInOne, unha ferramenta ERP para a PEME baseada en Java |
|
|
|
|
O software tamén inclúe xestión de clientes, CRM. Outras características do software son a xestión de: múltiples idiomas, múltiples empresas, múltiples moedas e múltiples usuarios. Dende a páxina do proxecto está dispoñible unha ligazón para executar a aplicación directamente dende o navegador en modo demostración (aplicación Java Web Start). jAllInOne é unha aplicación multiplataforma que se instala nun contedor de aplicacións Java (por exemplo Tomcat), e os usuarios poden executar o software por medio dun navegador (dentro dunha applet) ou mediante Java Web Start. A aplicación traballa cos xestores de base de datos MySQL, Oracle e SQL Server. jAllInOne fai uso dos compoñentes do framework OpenSwing para ter unha interface de usuario con características máis sofisticadas.
OpenSwing é unha suite de compoñentes gráficos avanzados baseados en Swing proporcionando características máis sofisticadas. OpenSwing tamén é un marco que proporciona un mecanismo para vincular datos entre compoñentes e modelo de datos, baseado no paradigma MVC. Os modelos de datos baséanse en Java Beans (POJOs) e intégranse con todos os compoñentes OpenSwing, tales como a parrilla ou outros compoñentes contedores de control. OpenSwing está baixo licenza LGPL. jAllInOne e OpenSwing están dispoñibles para descarga dende sourceforge.
Artigos relacionados
|

















