Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow jAllInOne, unha ferramenta ERP para a PEME baseada en Java
jAllInOne, unha ferramenta ERP para a PEME baseada en Java PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 26 de Novembro do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/jallinone-logo.png jAllInOne é unha aplicación, baixo licenza LGPL, que proporciona funcionalidades ERP para a PEME. Esta solución inclúe a xestión de compras e vendas, almacén, actividades, producción, a xestión dos documentos, informes... cunha correcta xestión dos datos mestres garantindo a coherencia para o correcto seguimento dos procesos da organización.

O software tamén inclúe xestión de clientes, CRM. Outras características do software son a xestión de: múltiples idiomas, múltiples empresas, múltiples moedas e múltiples usuarios.

Dende a páxina do proxecto está dispoñible unha ligazón para executar a aplicación directamente dende o navegador en modo demostración (aplicación Java Web Start).

jAllInOne é unha aplicación multiplataforma que se instala nun contedor de aplicacións Java (por exemplo Tomcat), e os usuarios poden executar o software por medio dun navegador (dentro dunha applet) ou mediante Java Web Start. A aplicación traballa cos xestores de base de datos MySQL, Oracle e SQL Server. jAllInOne fai uso dos compoñentes do framework OpenSwing para ter unha interface de usuario con características máis sofisticadas. 

http://www.mancomun.org/images/stories/jallinone-aplicacion.png
Pantallazo de JallInOne

 

OpenSwing é unha suite de compoñentes gráficos avanzados baseados en Swing proporcionando características máis sofisticadas. OpenSwing tamén é un marco que proporciona un mecanismo para vincular datos entre compoñentes e modelo de datos, baseado no paradigma MVC. Os modelos de datos baséanse en Java Beans (POJOs) e intégranse con todos os compoñentes OpenSwing, tales como a parrilla ou outros compoñentes contedores de control. OpenSwing está baixo licenza LGPL.

jAllInOne e OpenSwing están dispoñibles para descarga dende sourceforge.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement