| Investigadores europeos ven en Mancomún unha iniciativa exemplar para a implantación do SwL |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 30 de Maio do 2008 | |
|
O estudo elaborado a raíz dos contactos establecidos incorporarase ao repositorio europeo do IDABC
O persoal investigador do Departamento de Coñecemento e Dinámica Industrial da UNU-MERIT contactou con Mancomún por considerala unha iniciativa europea de “esforzo exemplar" para a implantación do Software Libre no sector público da Unión Europea. Este interese plasmarase nun estudo casuístico entorno ao traballo realizado por Mancomún e será incorporado ao OSOR do IDABC. Este repositorio europeo está destinado á difusión de proxectos e iniciativas que, dende as Administracións Públicas europeas, se están levando a cabo con grande éxito e repercusión. O estudo, ademais de incluír a perspectiva de Mancomún, a través da entrevista realizada ao seu coordinador, Suso Baleato, contará previsiblemente coa aportación doutros axentes vinculados ao Software Libre en Galiza. A este respecto, dende Mancomún propúxose o contacto co presidente de AGASOL, Javier Vázquez, e con Juan Rafael Fernández, como axente externo coñecedor da realidade do SwL en Galiza. Coa incorporación a esta base de datos, na que apenas se contan 50 proxectos, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia sitúase ao mesmo nivel de proxectos como os levados a cabo por gobernos estatais como o alemán, o francés... UNU-MERIT UNU-MERIT é un centro de investigación e desenvolvemento participado conxuntamente pola Universidade das Nacións Unidas (UNU) e a Universidade de Maastrich (Holanda). O centro foi creado a comezos do ano 2006 coa fusión do antigo UNU- Instituto de Novas Tecnoloxías (INTECH) en Maastrich e o Instituto Maastrich de Investigación Económica, Innovación e Tecnoloxía (MERIT) da Universidade de Maastrich. O UNU-MERIT ten como obxectivo proporcionar unha perspectiva, o máis real posible, entorno aos factores sociais, políticos e económicos que conducen cara ao cambio tecnolóxicos e á innovación. Os proxectos de investigación do Centro están orientados a dar resposta a unha amplia gama de cuestións vinculadas ás políticas nacionais e internacionais en materia de ciencia, tecnoloxía e innovación, repercutindo fundamentalmente na creación, difusión e acceso ao coñecemento. Artigos relacionados
|







Un grupo de investigadores do centro tecnolóxico 








